O Club Sotavento organiza este ano 2019 a segunda exposición de actividades Subacuáticas en colaboración co Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes. Este evento abrangue unha serie de actividades, todas elas relacionadas có mundo submarino.
Estas actividades realizaranse no mes de agosto. Haberá unha exposición permanente con imaxes representativas das distintas disciplinas nas que este Club participa e organiza.

As instalacións que o Concello cede ó Club para a organización das actividades son a Casa Da Luz, na Praza da Verdura, compartindo instalacións coa Oficina de Turismo da cidade. Tamén se conta coas instalacións do Teatro Principal onde se proxectará unha serie de vídeos grabados polo galardonado Videógrafo submarino galego Jorge Candán.
A exposición de imáxes será entre os días 16 e 31 de agosto, estarán expostas na Casa da Luz, fotografías tomadas por deportistas do Club, que abranguen todas as actividades nas que participa o noso club, non só actividades competitivas sinon tamén deportivas e formativas.


O día 25 de agosto as 9:00 horas, en San Vicente do Mar, dará comezo o XXI Campionato Virxe Peregrina de pesca submarina. Cunha duración de 4 horas, as 13:00 os participantes terán que estar fora da auga e presentar as súas capturas.
Este ano tamén terá lugar o I Campionato Infantil-familiar de cazafoto na mesma praia. O que se pretende e que os nenos e nenas, xunto con un adulto se sumerxan nas augas da Praia da Barrosa para fotografiar o maior número de especies de peixes posibles.
As mesmas, xunto cás capturas do campionato de pesca, como é costume, proxectaranse fronte a Casa da Luz, na Praza da Verdura, o mesmo día a partir das 16:30 horas. Tódalas pezas, capturadas por os participantes do campionato de pesca, serán doadas a ONG “Amigos de Galicia”.
Este campionato, referente sen lugar a dúbidas a nivel autonómico neste tipo de probas, acada a súa vixésima edición e queremos que sexa especial.
O día 4 de septembro a partir das 20:00 horas, proxectarase no Teatro Principal de Pontevedra un recopilatorio de vídeos grabados polo director Jorge Candán. É unha recopilación que pretende amosar a riqueza das nosas Rías. A presentación do video correrá a cargo do Presidente do Club José Area así como do director do vídeo Jorge Candán.
Estades invitados tanto a exposición coma as demáis actividades que con tanto cariño preparamos para todos, socios e non socios do Club. CONTAMOS CON VOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario