O vindeiro día 30 de agosto celebrarase na península do
Grove o XXII CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA.
O campionato realizase na modalidade de infantería individual e réxese polo
regulamento de pesca submarina da FEGAS.
Como ven sendo habitual, a concentración dos
participantes realízase na Praia da Barrosa a partires das 8:00 horas do
domingo. Alí presentarase a documentación e firmarase a inscrición, a
declaración responsable (Anexo IV) e o protocolo COVID aprobado pola Xunta
(Anexo V). Recordar que dada a situación na que estamos, e obrigatorio o uso da
mÁscara. Tamén está totalmente prohibido compartir cousas entre os
participantes, cada quen deberá traer o seu equipamento.
As 9:00 darase a saída para que cada deportista se
desprace as súas zonas de pesca para tentar capturar a maior cantidade de
peixes que cumpran cos pesos establecidos. As 13:00 horas darase por finalizada
a xornada de pesca e despois de entregadas as capturas e depositadas nun camión
isotermo, para a súa correcta conservación, desprazarémonos a Pontevedra para
proceder coa pesade, a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos para os
participantes.
ZONAS DE PESCA:
A zona será dende a praia de Canelas ata o peirao de
Pedras Negras en San Vicente do Mar. A saída será dende a praia de A Barrosa
(San Vicente) e deberá saírse da auga no mesmo punto (ver anexo I) . Saír
doutro punto e chegar a pé será motivo de descualificación. Isto é así por
razóns de seguridade e control da organización.
PESAXE Y PINCHO:
A pesada terá lugar na praza da Verdura de Pontevedra
(ver anexo III) arredor das 16:30 horas, ao final desta entregaranse trofeos e
sortearase o material. Finalmente teremos unha merenda de confraternización nun
local da zona.
O COSTE DA
INSCRIPCION SERÁ DE 5 EUROS