09 julio 2018

I EXPOSICIÓN SUBACUÁTICA CLUB SOTAVENTO

1. PRESENTACIÓN:

O Club Sotavento organiza este ano 2018 por primeira vez, a semana das actividades Subacuáticas en colaboración co Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes. Este evento abrangue unha ampla serie de actividades, todas elas relacionadas có mundo submarino.


2. DATA E LUGAR:

Estas actividades realizaranse no mes de agosto, coincidindo cóas festas patronais da Cidade, incluídas na programación das mesmas. Haberá charlas e presentacións dos deportistas e campións do Club durante estes días. Por outra banda terase unha exposición permanente dende o día 1 ó 19 do mesmo mes, con imaxes representativas das distintas disciplinas nas que este Club participa e organiza.
Como colofón ás actividades, o último fin de semana do mes, realizarase na mesma Praza da Verdura a pesaxe do "XX Campionato de Pesca Submarina Virxe Peregrina", no que dende hai xa vinte anos tamén colabora o Concello e o SMD de Pontevedra.
As instalacións que o Concello cede ó Club para a organización das actividades son a Casa Da Luz, na Praza da Verdura, compartindo instalacións coa Oficina de Turismo da cidade. Tamén se conta coas instalacións do Teatro Principal onde se proxectará o último video grabado nas nosas Rías polo galardonado Videógrafo submarino galego Jorge Candán.

3. ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
As actividades estructúranse en 4 grupos principais:
Exposición de imáxes. Entre os días 1 ó 19 de agosto, estarán expostas na Casa da Luz, fotografías tomadas por deportistas do Club, que abranguen todas as actividades nas que participa o noso club, non só actividades competitivas sinon tamén deportivas e formativas. 
Ademais de facer un percorrido polos grandes logros deportivos  conqueridos polos deportistas perante a pasada temporada, tamén se fará unha escolma de imáxes do Club dende os seus comezos gracias ás colaboracións de socios e fundadores do Club, e presentaranse as mellores imáxes acadadas nas disciplinas de fotosub e cazafotosub. O día 1 de agosto, na mesma Casa da Luz, as 20:30 horas,  terá lugar a inauguración da exposición na que o Presidente do Club, José Area, explicará o que se pretende acadar con esta exposición. Ofreceremos un pincho os presentes o rematar a presentación. Estarán presentes deportistas de tódalas disciplinas representadas na exposición que explicarán o que nas imáxenes se representa.
Charlas abertas. O que se pretende con estas charlas é que os deportistas do Club podan espor e explicar as sus respetivas disciplinas, expoñendo vivencias e anécdotas tanto de competición, como nos entrenamentos e saidas ó mar. Respostarán as preguntas dos asistentes e as dúbidas que poidamos ter sobor das súas especialidades. 
Estas charlas terán lugar na sala “Os Bolechas” na Casa da Luz os días:
o Venres 3 a partir das 20:00 horas (Pesca submarina e apnea). Deportistas do club, falarán da
pesca submarina, material necesario para iniciarse nesta modalidade así como as diferentes técnicas a utilizar. A continuación, Diego Calviño explicará coma iniciarse nesta disciplina así como os deferentes modalidades de competición.
o Venres 10 a partir das 20:00 horas (cazafotosub, fotosub e arqueoloxía). Neste caso, explicaranse os presentes que é a cazafotosub en apnea, material e as diferenzas có fotosub. Material e diferentes configuracións dos equipos para as dúas modalidades. A continuación Yago Abilleira, grande apaixoado da arqueoloxía submarina tratará o tema "Naufragios do Novo Mundo na Ría de Pontevedra"

O día 26 de agosto as 9:00 horas, en San Vicente do Mar, dará comezo o XX Campionato Virxe Peregrina de pesca submarina. Cunha duración de 4 horas, as 13:00 os participantes terán que estar fora da auga e presentar as súas capturas. As mesmas, como é costume, pesaranse fronte a Casa da Luz, na Praza da Verdura, o mesmo día a partir das 16:30 horas. Tódalas pezas capturadas por os participantes serán doadas a ONG “Amigos de Galicia”. 
Este campionato, referente sen lugar a dúbidas a nivel autonómico neste tipo de probas, acada a súa vixésima edición e queremos que sexa especial.


Proxección do vídeo "El legado de las Rías Gallegas". O día 2 de agosto a partir das 20:00 horas, proxectarase no Teatro Principal de Pontevedra o documental realizado polo director Jorge Candán e producido por Frinsa. É unha obra que pretende amosar a riqueza das nosas Rías divulgando o seu alto valor natural e velando pola súa protección. A presentación do video correrá a cargo do Presidente do Club José Area así como do director do vídeo Jorge Candán e o Director de Sostenibilidade da Empresa Frinsa, productora do documental.



Estades invitados tanto a exposición coma as demáis actividades que con tanto cariño preparamos para todos, socios e non socios do Club. CONTAMOS CON VOS!!