28 agosto 2023

BODAS DE PRATA DO VIRXE PEREGRINA


O pasado domingo día 27 de agosto celebrábanse as bodas de prata do campionato Virxe Peregrina. 25 edicións onde o que prima e o bo ambiente nun campionato de pesca submarina de infantería nunha zona fácil e moi segura de pescar para que os máis novos e novatos se animen a participar e iniciarse no mundo da competición.
O campionato, organizado polo noso Club, este ano incorporábase a I Copa Galicia, circuito de catro probas de infantería polo que contaba coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).
As 9:00 da mañá daba comezo a proba despois de facer a inscrición dos deportistas e facerlle entrega do avituallamento. Os participantes contan con catro horas para desprazarse as súas zonas de pesca e obter o maior número de peixes posibles que teñan un peso superior a 1000 gramos.
Pouco antes das 13:00 horas os participantes comezaban a saír da auga. Podíase ver que a cantidade de peixe obtido era mais ben escasa e salvo dous ou tres deportistas os demais contaban con tan só unha ou dúas pezas. Despois de comer o bocadillo quente que a organización tiña preparado para recuperar forzas, tanto a organización como os competidores se dirixían cara a Pontevedra onde as 16:00 horas estaban convocados na Praza da Verdura para a pesada das capturas.
Non estábamos enganados, os sacos contaban con poucas pezas e moitas delas non chegaban o peso mínimo. Moitos foron os que non conseguiron puntuar. De todas formas, non é o importante nesta competición. O feito e que o único importante é o bo ambiente que hai. Por isto hai que dar as grazas a todos os participantes, son eles os que o fan posible, aquí non ten nada que ver a organización.
Finalizada a pesada e o gran sorteo de premios doados por tendas e marcas do sector era o momento de tomar un pincho todos xuntos nun local da Praza. Momento onde se comparten todas esas anécdotas da xornada e do ano. Momento onde se fan novos amigos e compañeiros de pesca.

O finalizar fíxose entrega das capturas o Banco de Alimentos do Convento de San Francisco que o repartirá entre os máis necesitados que alí se desprazan cada día.
Dende o Club queríamos dar as grazas o Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes polo apoio que ano tras ano nos dá a este Club, tanto para a organización deste campionato como para toda as actividades que vimos realizando, que non son poucas.
Dar as grazas tamén a Náutica Gonbel que sempre está aí e a todas as tendas, Náutica Calviño, Omar, Terra dos Mares, Náutica Medusa, CressiSub, TTN-Sub. A Carlos Abeijón, Joseph, Elías, Area, Javier e todos aqueles que fan posible, ano tras ano a organización deste campionato.
Felicitar a todos os participantes e sobre todo os que subiron o podium en cada unha das categorías. Moi contentos por ter xente nova, rapazas, rapaces e veteranos, todos e cada un deles dando un pouco de si para que este 25 aniversario fora algo especial.


O SOTAVENTO ARRASA NO CAMPIONATO DE CAZAFOTOSUB EN APNEA

O pasado domingo día 20 de agosto celebrábase, no Porto de Aguete, a dezasete edición do campionato galego de Cazafotosub en Apnea.
O campionato, organizado polo noso Club en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), contaba nesta ocasión coa colaboración do Náutico de Aguete que cedía as súas instalacións para o desenrolo da proba.
A o campionato tíñamos inscritos a tres compañeiros, habituais nesta modalidade de actividades subacuáticas que se intentarían facer coas prazas de clasificación para o nacional.
A previsión era mala, os nosos representantes estiveron preparando a zona os día previo e avisaban das malas condicións o resto dos participantes da baixa visibilidade. A pesar de todo e dado que o regulamento deste tipo de probas o permite, ás 9:00 da mañá daba comezo a competición. Cinco horas tiñan por diante para localizar e capturar as distintas variedades de peixes que tiñan localizadas e aquelas que se foran atopando durante o desenrolo da competición. Finalmente non estaba tan mal como se previa e iso permitiu que se puidera pasar por fora do Chilreu, zona de un pouco máis de profundidade onde se poderían atopar especies diferentes.
Finalizado o tempo de auga e despois de lavar os equipos e tomar un aperitivo, tocaba seleccionar ás imaxes. Para iso o náutico deixábanos utilizar a súa Sala Chilreu. Tres horas máis tarde as coleccións de todos os participantes estaban entregadas e listas para mandar o xurado.
Agradecer a FEGAS e os xuíces deste campionato que o fixera todo tan rápido, tan só tres días despois puidemos saber a clasificación da proba. O podium era do Sotavento!!!! O primeiro clasificado foi Luigi que con este xa van 9 campionatos galegos ganados, NORABOA!!!! Conseguiu fotografar 32 especies. A continuación seguíano Héctor e Fernando que con 29 especies cada un acadaban a segunda e terceira praza respectivamente. Nada mal tendo en conta as difíciles condicións do mar.
Destacar este ano a participación de moitos deportistas novos, Lara, Ángel, Brais e Jose animáronse a probar esta modalidade na que quedaron encantados e con idea de voltar para o ano que ven. Encantados de tervos aquí.
Agradecer o Club Náutico de Aguete que nos deixara utilizar as súas instalación. Non nos esquecemos dos que sempre están para votar unha man, Joseph como coordinador de seguridade da proba e barqueiro da embarcación de seguridade e a Elías por poñer a disposición do Club e da Federación a súa pneumática.
Dar as grazas tamén o Concello de Pontevedra e o Servizo municipal de deportes polo apoio que nos da como club. Sen eles todas as actividades que realizamos e os resultados obtidos nos mesmos, non serían posibles.Dar as grazas tamén o Concello de Pontevedra e o Servizo municipal de deportes polo apoio que nos da como club. Sen eles todas as actividades que realizamos e os resultados obtidos nos mesmos, non serían posibles.

09 agosto 2023

XXV CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA


O vindeiro día 27 de agosto celebrarase na península do Grove o CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA que este ano cumpre a súa 25 edición. O campionato realizase na modalidade de infantería individual e réxese polo regulamento de pesca submarina da FEGAS. Ademais, este ano, este campionato estará dentro das probas que a Federación Galega FEGAS seleccionou para a súa primeira Copa Galicia.
Como ven sendo habitual, a concentración dos participantes realízase na Praia da Barrosa en SanVicente a partires das 8:00 horas do domingo. Alí presentarase a documentación e formalizarase a inscrición.
As 9:00 darase a saída para que cada deportista se desprace as súas zonas de pesca para tentar capturar a maior cantidade de peixes que cumpran cos pesos establecidos. As 13:00 horas darase por finalizada a xornada de pesca e despois de entregadas as capturas e depositadas nun camión isotermo, para a súa correcta conservación,
A continuación desprazarémonos a Pontevedra, a Praza da Verdura, para proceder coa pesade a partir das 16:00, a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos para os participantes.

ZONA COMPETICIÓN (praia de Canelas ata o peirao de Pedras Negras en San Vicente do Mar)



ZONA DA PESADA E PINCHO (PRAZA DA VERDURA EN PONTEVEDRA)