28 agosto 2023

BODAS DE PRATA DO VIRXE PEREGRINA


O pasado domingo día 27 de agosto celebrábanse as bodas de prata do campionato Virxe Peregrina. 25 edicións onde o que prima e o bo ambiente nun campionato de pesca submarina de infantería nunha zona fácil e moi segura de pescar para que os máis novos e novatos se animen a participar e iniciarse no mundo da competición.
O campionato, organizado polo noso Club, este ano incorporábase a I Copa Galicia, circuito de catro probas de infantería polo que contaba coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).
As 9:00 da mañá daba comezo a proba despois de facer a inscrición dos deportistas e facerlle entrega do avituallamento. Os participantes contan con catro horas para desprazarse as súas zonas de pesca e obter o maior número de peixes posibles que teñan un peso superior a 1000 gramos.
Pouco antes das 13:00 horas os participantes comezaban a saír da auga. Podíase ver que a cantidade de peixe obtido era mais ben escasa e salvo dous ou tres deportistas os demais contaban con tan só unha ou dúas pezas. Despois de comer o bocadillo quente que a organización tiña preparado para recuperar forzas, tanto a organización como os competidores se dirixían cara a Pontevedra onde as 16:00 horas estaban convocados na Praza da Verdura para a pesada das capturas.
Non estábamos enganados, os sacos contaban con poucas pezas e moitas delas non chegaban o peso mínimo. Moitos foron os que non conseguiron puntuar. De todas formas, non é o importante nesta competición. O feito e que o único importante é o bo ambiente que hai. Por isto hai que dar as grazas a todos os participantes, son eles os que o fan posible, aquí non ten nada que ver a organización.
Finalizada a pesada e o gran sorteo de premios doados por tendas e marcas do sector era o momento de tomar un pincho todos xuntos nun local da Praza. Momento onde se comparten todas esas anécdotas da xornada e do ano. Momento onde se fan novos amigos e compañeiros de pesca.

O finalizar fíxose entrega das capturas o Banco de Alimentos do Convento de San Francisco que o repartirá entre os máis necesitados que alí se desprazan cada día.
Dende o Club queríamos dar as grazas o Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes polo apoio que ano tras ano nos dá a este Club, tanto para a organización deste campionato como para toda as actividades que vimos realizando, que non son poucas.
Dar as grazas tamén a Náutica Gonbel que sempre está aí e a todas as tendas, Náutica Calviño, Omar, Terra dos Mares, Náutica Medusa, CressiSub, TTN-Sub. A Carlos Abeijón, Joseph, Elías, Area, Javier e todos aqueles que fan posible, ano tras ano a organización deste campionato.
Felicitar a todos os participantes e sobre todo os que subiron o podium en cada unha das categorías. Moi contentos por ter xente nova, rapazas, rapaces e veteranos, todos e cada un deles dando un pouco de si para que este 25 aniversario fora algo especial.


1 comentario:

Javier dijo...

Buen día para la pesca y muy buen ambiente entre los participantes