27 agosto 2024

XXVI CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA

O pasado domingo día 25 de agosto celebraba o noso Club a XXVI edición do tradicional campionato Virxe Peregrina. Ó igual que o ano pasádo a proba estaría dentro da II Copa Galicia, circuíto de catro probas de infantería polo que contaba coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).

O día estaba fresco e con vento pero non foi un problema para os case trinta participantes de este ano. As 9:05 da mañá daba comezo a proba despois de facer a inscrición dos deportistas e facerlle entrega do avituallamento. Os pescadores e pescadoras tiñan por diante que catro horas para conseguir capturar o maior número de peixes posibles que dean a talla.

As catro horas pasaron sen ningún contratempo destacable e pouco antes das 13:00 horas os participantes comezaban a saír da auga. Víase pouco peixe, dician que as augas frías, moita alga e a forte corrente facían complicada a pesca e salvo dous ou tres deportistas os demais contaban con tan só unha ou dúas pezas.

Finalizada a recollida do peixe e liquidado o bocadillo entregado polo Club tanto a organización como os competidores se dirixían cara a Pontevedra onde as 16:30 horas estaban convocados na Praza da Verdura para a pesada das capturas.

Tal e como se intuía presentouse pouco peixe polo que a pesada ía ser rápida. Destacaba a escaseza de lábridos, peixe máis habitual nestes campionatos, para destacar a presenza de sargos de bo porte, chegando algún deles a pesar case 1,5 kg.

Finalizada a pesada e o sorteo de premios doados por tendas e marcas do sector era o momento de tomar un pincho todos xuntos nun local da Praza. Momento onde se comparten todas esas anécdotas da xornada e do ano. Momento onde se fan novos amigos e compañeiros de pesca.

O finalizar fíxose entrega das capturas o Convento de San Francisco que o repartirá entre os máis necesitados que alí se desprazan cada día.

Dende o Club queríamos dar as grazas un ano máis o Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes polo apoio que ano tras ano nos dá a este Club, tanto para a organización deste campionato como para toda as actividades que vimos realizando, que non son poucas.

Dar as grazas tamén a Náutica Gonbel que sempre está aí para garantir a seguridade no campionato. Dar as grazas tamén a todas as tendas, Náutica Calviño, Omar, Terra dos Mares, Náutica Medusa, CressiSub. A Carlos Abeijón, Joseph, Elías, Jacobo e todos aqueles que fan posible, ano tras ano a organización deste campionato.

Felicitar a todos os participantes e sobre todo os que subiron o podium en cada unha das categorías. Moi contentos por ter xente nova, rapazas, rapaces e veteranos, todos e cada un deles dando un pouco de si para que este campionato sexa tan especial!!

 

FOTOS

Clasificación sénior

Clasificación feminina

Clasificación veteranos

Clasificación sub23

No hay comentarios: