09 agosto 2024

XXVI CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA

 

O vindeiro día 25 de agosto celebrarase na península do Grove o CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA que este ano cumpre 26 anos. O campionato realizase na modalidade de infantería individual e réxese polo regulamento de pesca submarina da FEGAS. Ademais, este ano, este campionato estará novamente dentro das probas que a Federación Galega FEGAS seleccionou para a súa segunda Copa Galicia

Como ven sendo habitual, a concentración dos participantes realízase na Praia da Barrosa (ver Anexo II) a partires das 8:00 horas do domingo. Alí presentarase a documentación e formalizarase a inscrición.

As 9:00 darase a saída para que cada deportista se desprace as súas zonas de pesca para tentar capturar a maior cantidade de peixes que cumpran cos pesos establecidos. As 13:00 horas darase por finalizada a xornada de pesca e despois de entregadas as capturas e depositadas nun camión isotermo, para a súa correcta conservación, desprazarémonos a Pontevedra para proceder coa pesade, a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos para os participantes.

ZONAS DE PESCA:

A zona será dende a praia de Canelas ata o peirao de Pedras Negras en San Vicente do Mar. A saída será dende a praia de A Barrosa (San Vicente) e deberá saírse da auga no mesmo punto (ver Anexo I) . Saír doutro punto e chegar a pé será motivo de descualificación. Isto é así por razóns de seguridade e control da organización.

PESAXE Y PINCHO:

A pesada terá lugar na praza da Verdura de Pontevedra (ver Anexo III) arredor das 16:30 horas, ao final desta entregaranse trofeos e sortearase o material.

No hay comentarios: