10 agosto 2024

III CAMPIONATO INFANTIL CAZAFOTOSUB EN APNEA

 

O sábado día 24 de Agosto celebrarase o III Campionato Infantil de cazafotosub en apnea na localidade de Ribeira. A Federación Galega de Actividades Subacuáticas conta novamente có Club Subacuático Sotavento para a organización desta proba. Este Club organízao en conxunto co Concello de Ribeira que estes últimos anos veñen apostando por a promoción das actividades subacuáticas.

Non fai falla estar federado, e o seguro correrá a cargo da organización.

A competición vai dirixida a nenos e nenas de ata os 16 anos que teñan ganas de descubrir a gran variedade de peixes que temos nas nosas costas. Peixes que na súa grande maioría podemos ver y fotografar sen sequera mergullarnos.

Anque é una disciplina deportiva que se leva disputando a nivel autonómico e nacional dende fai máis de 30 anos, é moi descoñecida para a maioría da xente. é por isto que dende a Federación e o Club apóstase por dala a coñecer dende os máis peques da familia.

Os rapaces e rapazas deberán facer una preinscripción antes do día 18 onde se indicará as necesidades de material que teñan. Xa o día 24 a partir das 10:30 reuniranse os deportistas para unha charla previa e as 11:30 comezará o tempo de auga, que será de 2 horas. Durante este tempo, os participantes poderán entrar y saír da auga as veces que quixeran.

Ó finalizar a proba, as tarxetas das cámaras serán descargadas pola organización para que, mentres os nenos e nenas, xunto cos seus acompañantes e a organización comen algo nun local da zona, o xurado teña tempo para reunirse y facer a valoración dos traballos presentados.

Aproveitamos dende aquí para invitarvos a todos e todas a participar deste fantástico deporte, o tempo que aprendemos a observar e respectar esa vida que se atopa na cota “0” nas nosas rías e praias.

Para a inscrición ou máis información poden poñerse en contacto con el Club Sotavento no número de teléfono 655601308 ou no correo clubsotavento@gmail.com .

HOJA INSCRIPCIÓN

HOJA PROTECCIÓN DE DATOS

No hay comentarios: