22 agosto 2022

II CAMPIONATO DE FOTOS A PEIXES

 

O pasado domingo, o noso Club celebraba novamente o Campionato de Fotografía Submarina de Peixes na praia de Rio Azor, en Palmeira. Esta competición englóbase dentro do calendario oficial de competicións deportivas da Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Esta segunda edición contaba coa colaboración do Concello de Ribeira.

Nesta ocasión, podían anotarse rapaces e rapazas menores de 15 anos. Apuntáronse un total de 16 participantes que viñan de varios concellos da contorna, ademais de Arteixo, Santiago, Ames... O noso club participaría nesta proba con tres deportistas, Jairo Costa, Álvaro Costa e Raúl Sixto que ían coa intención de non poñerlle fácil os seus rivais.

A hora de reunión era ás 10:30 e os nosos competidores xa estaban equipados esperando a que finalizara a charla previa o campionato e puideran meterse na auga. Durante as dúas horas que duraba a competición podían entrar e saír da auga as veces que quixeran aínda que os tres aproveitaron todo o tempo dado. Na competición deberían fotografar o maior número de especies de peixes diferentes. Para elo, na charla previa  indicábase algún truquiño que se podía levar a cabo para buscar estas imaxes e como facerlles fotografías. 

O día foi espectacular, un día de sol, sen vento ningún e coas augas quentes (dentro do que cabe esperar nas Rías Baixas). A visibilidade da auga, mais que aceptable, permitía os nosos competidores tomar instantáneas moi boas algunhas delas de moi boa calidade.




Durante a competición, e sempre para garantir a seguridade dos máis cativos, estes estarían acompañados en todo momento por un adulto. Por outra banda, unha embarcación de seguridade estaría pechando o perímetro da competición para que ningunha embarcación se aproximara as boias dos participantes.

De todas maneiras o que cabe destacar é a ilusión coa que os nosos deportistas participaban nesta proba e mais aínda o sorriso co que saían da auga unha vez feito o traballo.

Durante a comida que un local da zona lles tiña preparada o xurado, despois de descargar as imaxes faría a súa valoración e proclamase os campións e campioas da proba. Para elo teríase en conta o número de especies atopados e a calidade das súas imaxes. O resultado da mesma foi o seguinte:

MASCULINO

FEMININO

Álvaro Costa Gude – Sotavento
(22 especies)

Uxía Lamas Márquez
(9 especies)

Jairo Costa Gude – Sotavento
(20 especies)

Lara Pego
(7 especies)

Jon García Ferreira
(10 especies)

Candela Rocha Gago
(7 especies)

Rubén Sampedro Filgueira

 

Lucas Santiago Millán

 

Mauro Santiago Millán

 

Raúl Sixto Vilas – Sotavento

 

Luam Chazo Rodriguez

 

Lucas Muñiz Saa

 

Lucas Álvarez Vidal

 

Erik García Ferreiro

 

Mauro Otero Núñez

 

José Manuel Olveira

 


PODIUM FEMININO
PODIUM MASCULINO
PODIUM MASCULINO
Felicitar a todos os deportistas por esa ilusión coa que se meteron na auga, é todo o que necesita a organización para repetilo o ano que ven e as veces que faga falla.
Dar as gracias a Cressi polo seu incondicional apoio en este tipo de eventos e por eses kits de gafas e tubos cos que se agasallou a cada un dos participantes.

Agradecer a FEGAS, o Concello de Ribeira, en especial a Javier e Nucha, a súa colaboración na organización deste evento. A José Aller que nos fixo a seguridade, a Ángel Rey que colaborou nas imaxes subacuáticas e como xurado. En definitiva a todos aqueles que fan posible este tipo de actividades.






10 agosto 2022

XXIV CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA

 

Xa está aquí o campionato Open Virxe Peregrina.

Como é habitual, o último fin de semana de Agosto, o Club Subacuático Sotavento, organiza este campionato de pesca submarina de infantería. A zona, a Praia da Barrosa, como sempre. Unha zona onde tanto os máis veteranos como os novos neste mundo poderán participar desta proba nas mellores condicións de seguridade. 

A pesada, en Pontevedra, na praza da Verdura. Alí despois da pesada das capturas farase o habitual sorteo de material cedido tanto polo Club como polas tendas e marcas máis importantes. 

Contamos con vós. Se tendes calquera dúbida, non deixedes de preguntala por teléfono ou Whatsapp no 655601308

Vémonos o 28 a partir das 8:00 na praia da Barrosa (San Vicente)

DOCUMENTACIÓN