O pasado domingo día 25 de agosto celebraba o noso Club a XXVI edición do tradicional campionato Virxe Peregrina. Ó igual que o ano pasádo a proba estaría dentro da II Copa Galicia, circuíto de catro probas de infantería polo que contaba coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).
O día estaba fresco e con vento pero non foi un problema
para os case trinta participantes de este ano. As 9:05 da mañá daba comezo a proba
despois de facer a inscrición dos deportistas e facerlle entrega do
avituallamento. Os pescadores e pescadoras tiñan por diante que catro horas
para conseguir capturar o maior número de peixes posibles que dean a talla.
As catro horas pasaron sen ningún contratempo destacable
e pouco antes das 13:00 horas os participantes comezaban a saír da auga. Víase
pouco peixe, dician que as augas frías, moita alga e a forte corrente facían
complicada a pesca e salvo dous ou tres deportistas os demais contaban con tan
só unha ou dúas pezas.
Finalizada a recollida do peixe e liquidado o bocadillo entregado polo Club tanto a organización como os competidores se dirixían cara a Pontevedra onde as 16:30 horas estaban convocados na Praza da Verdura para a pesada das capturas.
Tal e como se intuía presentouse pouco peixe polo que a
pesada ía ser rápida. Destacaba a escaseza de lábridos, peixe máis habitual
nestes campionatos, para destacar a presenza de sargos de bo porte, chegando
algún deles a pesar case 1,5 kg.
Finalizada a pesada e o sorteo de premios doados por
tendas e marcas do sector era o momento de tomar un pincho todos xuntos nun
local da Praza. Momento onde se comparten todas esas anécdotas da xornada e do
ano. Momento onde se fan novos amigos e compañeiros de pesca.
O finalizar fíxose entrega das capturas o Convento de San
Francisco que o repartirá entre os máis necesitados que alí se desprazan cada
día.
Dende o Club queríamos dar as grazas un ano máis o
Concello de Pontevedra e o Servizo Municipal de Deportes polo apoio que ano
tras ano nos dá a este Club, tanto para a organización deste campionato como
para toda as actividades que vimos realizando, que non son poucas.
Dar as grazas tamén a Náutica Gonbel que sempre está aí para
garantir a seguridade no campionato. Dar as grazas tamén a todas as tendas,
Náutica Calviño, Omar, Terra dos Mares, Náutica Medusa, CressiSub. A Carlos
Abeijón, Joseph, Elías, Jacobo e todos aqueles que fan posible, ano tras ano a
organización deste campionato.
Felicitar a todos os participantes e sobre todo os que
subiron o podium en cada unha das categorías. Moi contentos por ter xente nova,
rapazas, rapaces e veteranos, todos e cada un deles dando un pouco de si para
que este campionato sexa tan especial!!