31 julio 2020

XXII CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA

O vindeiro día 30 de agosto celebrarase na península do Grove o XXII CAMPIONATO VIRXE PEREGRINA. O campionato realizase na modalidade de infantería individual e réxese polo regulamento de pesca submarina da FEGAS.

Como ven sendo habitual, a concentración dos participantes realízase na Praia da Barrosa a partires das 8:00 horas do domingo. Alí presentarase a documentación e firmarase a inscrición, a declaración responsable (Anexo IV) e o protocolo COVID aprobado pola Xunta (Anexo V). Recordar que dada a situación na que estamos, e obrigatorio o uso da mÁscara. Tamén está totalmente prohibido compartir cousas entre os participantes, cada quen deberá traer o seu equipamento.

As 9:00 darase a saída para que cada deportista se desprace as súas zonas de pesca para tentar capturar a maior cantidade de peixes que cumpran cos pesos establecidos. As 13:00 horas darase por finalizada a xornada de pesca e despois de entregadas as capturas e depositadas nun camión isotermo, para a súa correcta conservación, desprazarémonos a Pontevedra para proceder coa pesade, a entrega de trofeos e o sorteo de agasallos para os participantes.

ZONAS DE PESCA:

A zona será dende a praia de Canelas ata o peirao de Pedras Negras en San Vicente do Mar. A saída será dende a praia de A Barrosa (San Vicente) e deberá saírse da auga no mesmo punto (ver anexo I) . Saír doutro punto e chegar a pé será motivo de descualificación. Isto é así por razóns de seguridade e control da organización.

PESAXE Y PINCHO:

A pesada terá lugar na praza da Verdura de Pontevedra (ver anexo III) arredor das 16:30 horas, ao final desta entregaranse trofeos e sortearase o material. Finalmente teremos unha merenda de confraternización nun local da zona.

O COSTE DA INSCRIPCION SERÁ DE 5 EUROS

MAIS INFORMACIÓN

Teléfono: 655.601.308. E-mail: clubsotavento@gmail.com

No hay comentarios: