10 julio 2020

I XORNADAS DE ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS CLUB SOTAVENTO NO CONCELLO SANXENXO



Estimados compañeiros, o mércores día 15 ás 19:00, inauguramos a nosa exposición de fotos. A este evento estades convidados todos os socios e "amigos" do Sotavento.
Este ano a diferenza de anos anteriores, a exposición realízase coa colaboración do  Concello de Sanxenxo. A sala que poñen á nosa disposición é a Sala  Nauta, á beira da oficina de Turismo de Sanxenxo, no mesmo náutico. A exposición será a mellor que temos ata o momento, xogando cos diferentes formatos das fotografías e realizando un percorrido pola variedade cromática que nos dan as diferentes imaxes que presentamos.
Na inauguración aproveitaremos para saudarnos e pasar un intre agradable, contándonos as "batallitas" dos últimos meses. Na mesma, estarán presentes os competidores do Club aos que poderemos preguntar as dúbidas e pormenores das diferentes disciplinas de actividades subacuáticas.
A exposición estará de forma permanente do día 15 ao 31 de xullo en horario  continuo de  L- S de 9:00 a 21:00 e o domingo de 9:00 a 14:00. Se non podedes vir á inauguración, non deixedes de pasarvos noutro momento.

Asociada a esta  Expo, realizaranse outras actividades:
  • XIV campionato galego de  cazafotosub en apnea. Tedes máis información picando AQUÍ.
  • Tamén contaremos o día 31 con JORGE  CANDÁN campión do mundo de vídeo submarino nos anos 2010 e 2019. Proxectaranse na Praza dous Barcos no Náutico de Sanxenxo uns vídeos seus nunha pantalla xigante ao aire libre ás 22:30 horas. SON IMPRESIONANTES, animarvos a asistir.
  • Durante o mes de setembro, realizaranse uns talleres de iniciación á apnea na piscina de Portonovo. Se estades interesados, podedes pedir máis información no  mail clubsotavento@gmail.com

Lembrar que debemos as medidas de seguridade en todo momento, a máscara será obrigatoria para entrar e debemos respectar a distancia de seguridade. Debemos ser un exemplo para a sociedade. Grazas.

Animarvos a participar ou asistir aos eventos, están organizados para todos vós. VÉMONOS POR SANXENXO

No hay comentarios: