O pasado domingo, o noso Club celebraba novamente o Campionato de
Fotografía Submarina de Peixes na praia de Rio Azor, en Palmeira. Esta
competición englóbase dentro do calendario oficial de competicións deportivas
da Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Esta segunda edición contaba
coa colaboración do Concello de Ribeira.
Nesta ocasión, podían anotarse rapaces e rapazas menores de 15 anos. Apuntáronse un total de 16 participantes que viñan de varios concellos da contorna, ademais de Arteixo, Santiago, Ames... O noso club participaría nesta proba con tres deportistas, Jairo Costa, Álvaro Costa e Raúl Sixto que ían coa intención de non poñerlle fácil os seus rivais.
A hora de reunión era ás 10:30 e os nosos competidores xa estaban equipados
esperando a que finalizara a charla previa o campionato e puideran meterse na
auga. Durante as dúas horas que duraba a competición podían entrar e saír da
auga as veces que quixeran aínda que os tres aproveitaron todo o tempo dado. Na
competición deberían fotografar o maior número de especies de peixes
diferentes. Para elo, na charla previa
indicábase algún truquiño que se podía levar a cabo para buscar estas
imaxes e como facerlles fotografías.
Durante a competición, e sempre para garantir a seguridade dos máis
cativos, estes estarían acompañados en todo momento por un adulto. Por outra
banda, unha embarcación de seguridade estaría pechando o perímetro da
competición para que ningunha embarcación se aproximara as boias dos
participantes.
De todas maneiras o que cabe destacar é a ilusión coa que os nosos
deportistas participaban nesta proba e mais aínda o sorriso co que saían da
auga unha vez feito o traballo.
Durante a comida que un local da zona lles tiña preparada o xurado, despois de descargar as imaxes faría a súa valoración e proclamase os campións e campioas da proba. Para elo teríase en conta o número de especies atopados e a calidade das súas imaxes. O resultado da mesma foi o seguinte:
MASCULINO |
FEMININO |
Álvaro Costa Gude – Sotavento (22 especies) |
Uxía
Lamas Márquez (9 especies)
|
Jairo Costa Gude – Sotavento (20 especies) |
Lara
Pego (7 especies) |
Jon
García Ferreira (10 especies) |
Candela
Rocha Gago (7 especies) |
Rubén
Sampedro Filgueira |
|
Lucas
Santiago Millán |
|
Mauro
Santiago Millán |
|
Raúl Sixto Vilas – Sotavento |
|
Luam
Chazo Rodriguez |
|
Lucas
Muñiz Saa |
|
Lucas
Álvarez Vidal |
|
Erik
García Ferreiro |
|
Mauro
Otero Núñez |
|
José
Manuel Olveira |
|
![]() |
PODIUM FEMININO |
![]() |
PODIUM MASCULINO |
Dar as gracias a Cressi polo seu incondicional apoio en este tipo de eventos e por eses kits de gafas e tubos cos que se agasallou a cada un dos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario