28 octubre 2019

TALLER DE INICIACIÓN A PESCA SUBMARINA




O día 20 de este mes, o noso club, o club "Subacuático Sotavento", realizou  un taller de iniciación á pesca submarina, adicado ós nosos sócios. As 9:00 h de dito día, xuntámonos un bo grupo de socios na praia da Mourisca situada no entorno de "Cabo Home", en concreto 20 socios, os cales estivemos compartindo experiencias e aclarando conceptos de seguridade tales como, aprender a ler o mar, que zonas escoller en función dos ventos e do mar, como entrar e como sair con seguridade, conceptos de compensación das cavidades aéreas e demais temas relacionados có noso deporte. Logo puxe-molos traxes e metímonos no mar,nunha zona tranquila, na que estivemos corrixindo malos hábitos, entre outros o aleteo, o golpe  de riñón... E para rematar, os nosos compañeiros, Elias e Jacobo, deportistas de elite a nivel nacional, fixéronnos unhas demostracións de como hai que mimetizarse có entorno, dando por finalizado o evento. Agradecer ós compañeiros que sempre están dispostos a colaborar có club e compartir experiencias cós demáis compañeiros. Todo isto dirixido por mín, José Area, presi do club.
Unha pena que non quedaran mostras gráficas do evento pero cabe destacar que premiou sobre todo un bo ambiente entre todos os participantes a este taller. Gracias

No hay comentarios: